O pasado sábado celebrouse a terceira xornada da liga galega de xadrez na que o club de xadrez Laroca conseguiu un pleno de vitorias nos seus encontros.

Na primeira división no grupo C, o equipo do Laroca A venceu o equipo Universitario de Ourense A, por 3,5-0,5, con vitorias de Artai, Tino, Sergio e táboas de Patricio que ascendía do equipo Laroca B de segunda división.

Con esta vitoria situase no quinto posto da clasificación. O vindeiro fin de semana desprazaranse a O Barco de Valdeorras para enfrontarse o Xadrez Valdeorras A.

Na segunda división, o Laroca B gañou por 1-3 no seu desprazamento a Vigo ante o equipo da Once. Os tantos foron conseguidos por Avelino, Agustín e Alberto que ascendía do equipo de Laroca C de terceira división.

Grazas a esta vitoria, o equipo situase na segunda posición da clasificación. A próxima xornada enfrontaranse na sede de Mallón o Chiringo contos Tui.

Nesta mesma categoría, o Laroca Mallón IES Auga da Laxe, gañou por 2,5 – 1,5 ante o Villa de Bouzas A, puntos conseguidos por Mauro e Guillermo e as táboas de Ricardo.

Con este resultado situase na sexta posición da clasificación. A vindeira xornada desprazase a Mos para enfrontarse o Xadrez Mos C.

Na terceira división, o Laroca C gañou por 1-3 no seu desprazamento a Valadares para enfrontarse o CVC Valadares Monte dos Pozos, puntos logrados por Antonio, Dani y Rafa.

Con esta vitoria, o Laroca sitúase na cuarta posición da clasificación. A vindeira xornada xogaran no local de Cotros ante o Xadrez Mos H.

Neste mesmo grupo, o Laroca D impúxose na sede de Nigrán o Lucena Talentos por 3-1, con puntos conseguidos por Osian, Diego e José Manuel.

Con este resultado os laroqueiros situase na quinta posición da clasificación. A vindeira xornada desprazarase a Vigo para enfrontarse o Lucena Femenino.