Imagen de una edición anterior del Minho Reggae

O Festival Transfronteirizo Minho Reggae Sunsplash anuncia a súa VIII edición, que se celebrará a primeira fin de semana de setembro en Goián, Tomiño.

O Minho Reggae é o primeiro festival galego con tematica ecoloxista e sustentable, baseado nos valores e respeto a natureza utilizando material reutilizable e compostable,
novamente en colaboracion co colectivo Ecosistemas que basean a súa actuación na creatividade e na sostenibilidade, dando solución a problemas reais no campo das instalacións efímeras. Céntrase na arquitectura e no deseño de producto para dar soporte a eventos e proxectos con conciencia, concebindo tódalas intervencións dende un prisma ecolóxico, técnico, audiovisual e interactivo.

Este ano voltan crear un proxecto de señalética lumínica. Un proxecto para mellorar a mobilidade dos usuarios no festival; tanto o acceso ó recinto, á zona de acampada como ás zonas de traballo do persoal da organización de Minho Reggae, e tamén para revalorizar e promocionar o entorno como é o espazo fortaleza.

O Festival Minho Reggae  pecha o cartel musical desta VIII edición coa incorporación das bandas internacionais como o xamaiquino Rod Taylor, a caboverdiana Mo´Kalamity e o caribeño Bob Wasa, o antillano Marcus Gad, entre moitos outros artistas nacionais e internacionais, recordando que é moito máis que un festival. É toda unha experiencia que unifica unha localización natural única cunha completa programación musical e cultural que combina a música con disciplinas como actividades deportivas e lúdicas.

A organización anuncia unha nova edición

O Minho Reggae Sunsplash renovará, tamén, a súa semana cultural no concello de Tomiño, e ofrecerá unha selección de actividades; proxeccións, obradoiros, esposicións, xogos populares, coloquios, actuacións musicais, etc. nunha programación pensada específicamente para o Baixo Miño. Tanto a programación como as actividades desvelaranse ó longo das próximas semanas.