O vindeiro venres 9 de febreiro terá lugar en Gondomar a presentación da «Guía das plantas de Galicia», de Xosé Ramón García.
O acto, presentado por Xilberte Manso, vicedirector do IEM, e Fran Alonso, director de Xerais, será ás 20:00h no local do IEM.
A «Guía das plantas de Galicia» é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna.