O Concello Novo de A Guarda acollerá o vindeiro 22 de abril, ás 20 horas. a presentación do libro “A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos”.

Os autores da publicación, José Antonio Uris e Víctor Sanchidrián, tratan un dos máis importantes símbolos da represión franquista en Galicia, acaecida nun antigo colexio de xesuitas na parroquia de Camposancos.

Por alí pasaron miles de presos durante os anos da Guerra Civil e muitos deles foron fusilados despois de xuizos militares que se celebraron no mesmo edificio.

O principal objectivo deste libro é o de dar a coñecer eses feitos ás novas xeraciós.