O pasado domingo, 24 de novembro, celebrouse a Xornada contra a Violencia de Xénero que tivo como invitados a Joshua Alonso Mateo e Miriam Ferradáns, que presentaron o libro “No Camiño do Vento”, obra póstuma de Sesé Mateo, vítima de violencia de xénero no ano 2017 en Redondela.

Sesé Mateo foi asasinada en 2017 pola súa exparella, que provocou un incendio na súa casa de Chapela. Nesa casa destruída, sobreviviu milagrosamente un caderno de poemas feministas escrito por Sesé. Con todo ese traballo editouse o libro, “No Camiño do Vento”, da man dos seus fillos e de mulleres vinculadas ao mundo da cultura.

A continuación, foi a entrega dos premios ás persoas gañadoras do III Concurso de haikus convocado polo Concello do Rosal.

Laura Álvarez González foi a gañadora do Haiku na categoría de adultos, Ángela Portela Rodríguez na categoría xuvenil, e Elisa Morgado Rodríguez na modalidade infantil.

Finalmente, como remate á xornada, Su Garrido, cantante, música e compositora galega fíxo desfrutar aos presentes co seu repertorio musical na sesión vermú co que se pechou o acto.