O pasado luns, 25 de novembro, ás 12.00 horas, tivo lugar na Praza do Calvario do Rosal, unha concentración para conmemorar o “Día Internacional contra á Violencia de Xénero”.

Alumnado e profesorado do CPI Suárez Marquier e do CRA María Zambrano asistiron e participaron contra a violencia de xénero que afectou no que vai de ano a 52 mulleres.

Veciños e veciñas, persoal do concello e comerciantes locais, uníronse á alcaldesa e concelleira da área de Muller e Igualdade que leron un manifesto e mostaron o seu compromiso pola eliminación da violencia contra as mulleres.

Deste xeito o Concello do Rosal manifesta claramente a súa repulsa e condena social hacia os agresores e rexeita calquera expresión de violencia hacia á muller. A concentración rematou cun minuto de aplausos en recordo das vítimas de violencia.