O Centro Cultural ‘O Torreiro de Priegue’ acolle durante todo este fin de semana o seu ‘I Festival Folk de Entroido’. Este congregará a grupos folclóricos de toda a comarca e rematará cun xantar de lacón con grelos o domingo, para o cal é preciso inscribirse previamente e abonar 15 € (652849933).

Ademais, como estrea do novo espazo de xogo celebrarase dende as 11:00 horas do sábado, un torneo de petanca.

As actuacións folclóricas comenzarán o sábado ás 19:00 horas coas Pandereteiras da AV Monteferro de Panxón, Pandereteiras C.C.A Camoesa (19:30 horas) e Os Escaravellos de Beade (20:00 horas). O domingo continúa con Brisas de Bouzas ás 12:00 horas. Roibén Folk (12:30 horas), Lirolai Folk (13:00 horas) e xantar dende as 14:00 horas.