O programa de dinamización lingüística Redecinema, que impulsa a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, leva desde hoxe ata o domingo os filmes ‘Sinbad’ e ‘Pérez, o ratiño dos teus soños’ a sete concellos galegos, entre os que se encontran Tomiño e O Rosal

As proxeccións enmárcanse na terceira edición do proxecto promovido desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), que inclúe ademais outros tres títulos de (co)produción galega e en galego: O Apóstolo, Mimosas e Engurras.

O filme ‘Pérez, o ratiño dos teus soños’, que mereceu en 2006 o Premio Goya ao mellor filme de animación. Proxectarase o sábado no Rosal (Auditorio Municipal, 22:00 horas) e o domingo, ás 20:00 horas, na Praza do Seixo de Tomiño.

En todos os pases a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados.