ALFREDO

Dende a asociación dos GES de Galicia, AGESGA, vimos de decatarnos nestes días por diferentes fontes da proposta que leva a mesa de negociación os concellos a través da FEGAMP para o convenio de colaboración entre os entes involucrados, Xunta de Galicia, as catro deputacións e os concellos sede a través da FEGAMP.

Así, dentro das propostas da FEGAMP apreciamos poucas ganas de mellora algunha dos servizos GES, a pesar de ser coñecedores das deficiencias de estes colectivos.

Así son as propostas levadas polos alcaldes e alcaldesas e a propia FEGAMP na representación dos concellos, tanto da que sexan do Partido Popular de Galcicia, Partido Socialista de Galicia, BNG e outros grupos políticos.

En 1º lugar, xa deixan patente que a súa visión dun servizo esencial como é o das emerxencias solo o queren para facer labouras de outros departamentos municipais como é o de limpeza, iso si! cos cartos de tódolos galegos destinados ás emerxencias, importándolle NADA a natureza do servizo e a seguridade dos veciños e veciñas, xa que, mentres os bombeiros e bombeiras dos GES están a facer as changanadas dos alcaldes e no caso de que se produza unha situación de emerxencia, esta non poderá ser atendida a tempo debido a que o persoal non estará dispoñible para actuar nas isócronas marcadas.

Ademais os veciños prexudicados por estas prácticas non solo serán os do concello sede, se non que debido os tempos de resposta serán os concellos limítrofes os máis afectados, os cales presta servizo os GES, que recordemos teñen carácter SUPRAMUNICIPAL.

Noutro punto, no cal se refire a eliminación das quendas das 24 horas, este punto non deixa claro as pretensión dos alcaldes e alcadesas, xa que, non se sabe se o que pretenden é que un departamento o cal ten establecido un horario de 24 horas de traballo continuo, sendo un estándar nacional nos servizos de bombeiros pola súa efectividade, pretenden que pase a ser en quendas de 8 ou 12 horas, quen sabe para que… ¿será unha medida de represalia contra os traballadores e traballadoras dos GES que gañaron os seus dereitos nos xulgados contra os diferentes concellos? ¿Ou acaso a súa pretensión é a de eliminar a quenda de noite? Claro…. como as emerxencias solo se poden dar de día….

Cabe destacar que, dende esta asociación presentouse unha serie de propostas no seu día, debidamente rexistras tanto as 4 deputacións galegas, como a FEGAMP e Xunta de Galicia, ademais de haber mantido diversas reunións cos representantes dos antes nomeados, onde se lles comunicou as deficiencias que está a sufrir o colectivos en gran medida o por de estas prácticas caciquís dos alcaldes e alcaldesas dos concellos sede dos GES, ademais de advertir o RISCO real que supón para os cidadáns galegos e visitantes así como para os traballadores do propio colectivo o facer funcións incompatibles con un servizo de prevención, protección civil, extinción e salvamento e ademais o por en grave risco continuo aos traballadores e traballadoras.

Destaca tamén que estas propostas feitas pola FEGAMP en representación dos concellos sede, non están xustificadas de ningunha maneira, mentres que dende esta asociación xustificouse o porqué das reivindicacións que se propuxeron.

Así con este plantexamento é a importancia que lles da a vida e as propiedades dos veciños e veciñas os alcalde e alcaldesas, así como os representantes das deputacións.

Esperemos polo ben nos solo do colectivo do GES, se non polo ben de tódolos galegos que na vindeira reunión para o convenio colectivo de funcionamento dos GES non se teña presente este escrito, e as negociación sexan en pro dun servizo rápido e eficaz e tan necesario no rural é o servizo de emerxencias GES.