Teatro do Ar
Teatro do Ar

O Concello de Nigrán ofrece este mércores, ás 21:00 horas, no escenario ao aire libre da Foz (A Ramallosa), a obra de teatro ‘Distintas Compañías’, do grupo local Teatro do Ar.

Trátase dunha peza escrita por Pedro Rodríguez Villar, actor tamén nesta compañía de teatro afeccionado. A representación anticípase ao Rilla na Rúa, que terá lugar nesta contorna dende o xoves e ao Nigranjazz neste mesmo escenario o venres e sábado.