Este domingo, a partir das 17:30 horas, no adro de Peitieiros, o Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Concellería de Cultura e coa Comisión de Festasorganiza o IV Serán Homenaxe ás Pandereteiras

O motivo que levou ao CCV de Peitieiros a organizar este serán foi o de conmemorar o día internacional das mulleres, cunha actividade festiva. Por iso este serán é de homenaxe ás pandeireteiras, simbolizando nelas a importancia do papel da muller na transmisión da nosa música en particular e da nosa cultura en xeral, visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen.

Este ano contarase como grupo convidado coas Pandereteiras de Toutón (Mondariz). Tamen habrá carpa e a festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.