“Agora, Coa mirada nas súas mans”

Este martes, ás 21:30 horas en Capitanía Marítima de Baiona, e dentro do programa Baiverán, a compañía de Teatro Lohengrín presenta o seu novo espectáculo “Agora, Coa mirada nas súas mans”.

A obra está adaptada para un público invidente e, o mesmo tempo, da a oportunidade ao espectador de vela cos ollos tapados ou de forma tradicional, coa particularidade de ser unha historia pensada para sentila ou vela doutra maneira (Teatro Sensitivo).

«Agora, Coa mirada nas súas mans” descóbrenos as intimidades de dúas mozas , as súas dúbidas e medos ao principio dunha relación. Unha delas cega encerrada na súa casa, mentres que a súa parella dúbida mentres un ex noivo acósaa con mensaxes.

Por outra banda, ás 23:00 horas na praza do Concello, o grupo “Xardín desordenado” ofrecerá un concerto. Ambos espectáculos son con entrada de balde.