Na aposta que pola reciclaxe do lixo que se realiza dende o Concello de Tui, e grazas á participación no programa Revitaliza da Deputación, vanse repartir 81 composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, entre aqueles veciños que así o soliciten.
Os interesados deberán cubrir o modelo de solicitude, que poderán descargar da web do Concello de Tui ou recoller na secretaría da casa do concello, e remitila ao correo electrónico comunicacion@tui.gal ou entregala na casa do concello.
Os composteiros entregaranse por orde de solicitude até completar o total dos 81 dispoñibles.
Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un anos.
Previa a entrega do COINEX os beneficiarios recibirán unha pequena charla onde se lles explicará o lugar máis axeitado para colocalos, que tipo de restos se poden depositar, como se debe depositar o material, que é o estruturante. Amais, durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.