Dos gondomareños recuperan el dinero invertido en la compra de acciones del Banco Pastor

O ano pasado recolleronse nunha primeira quenda, 34 reclamacións contra o Banco Pastor durante as charlas que o Concello de Gondomar impartiu a través da Concellaría de Comercio que ostentaba o Concelleiro Xosé Antón Arauxo.

Dende esa data, unha ducia de gondomareños, cinco deles na última semana, téñense adherido as iniciativas xudiciais da Asociación Galega de Consumidores e usuarios, para reclamar máis de 30.000 € ao Banco Pastor

Os afectados pola compra de produtos bancarios tóxicos consideran que foron enganados con informacións falsas sobre a solvencia do banco, por tanto foron vítimas de información errónea ou irregular que afectou negativamente aos seus intereses como consumidores“, asegura Xosé Antón Araúxo Rodríguez, concelleiro de Manifesto Miñor.

De ter recibido información certa non terían investido os seus aforros”, indica o concelleiro, “xa que por si mesmos  non tiñan medios de saber cal é a situación de contabilidade real, sendo uns pequenos investidores sen coñecementos financeiros”. Segundo o avogado Xoán Antón Pérez Lema, de ACOUGA, o folleto informativo da ampliación “contiña inexactitudes e erros contables“.

Esta ducia de afectados únese agora aos outros 34 gondomareños que xa fixeran a súa reclamación hai un ano dos que xa existen dúas sentenzas nos xulgados de primeira instancia de Vigo que permitirán que recuperen o diñeiro investido na compra de accións de Banco Pastor antes da bancarrota e absorción por parte de Santander en 2017.

Nos xuízos anteriores condeouse á entidade polos abusos cometidos por ofrecer datos falsos ao comercializar os seus produtos. Todo aquel que aínda teña destes productos no seu haber e queira unha solución para a recuperación dos cartos pode porse en contacto con Manifesto Miñor“, finaliza Araúxo.