Traxe tradicional galego
FOTO CEDIDA // Traxe tradicional galego.

«Vestidos con pincel, cosidos con agulla». Éste é o singular título da exposición que acolle a próxima semana o Centro Cultural da Guarda. 

A Guarda acolle a próxima semana a mostra “Vestidos con pincel, cosidos con agulla” organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración co Concello da Guarda. Nesta exposición, a través de reproducións de cadros de autores coma Sotomayor ou Máximo Ramos, se fai un percorrido pola historia e a evolución do traxe tradicional galego. Trátase dun percorrido polo traxe tradicional galego ao través das obras pictóricas dalgúns dos máis importantes pintores galegos, como Fernando Álvarez de Sotomayor, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro ou incluso o propio Castelao. Esta exposición estará aberta ao público dende o día 10 ata o domingo, día 27 de decembro.



A apertura da mostra, que estará exposta no Centro Cultural guardés, será o xoves día 10 de decembro, ás 20:30 horas. Na apertura, na que estará presente o comisario da exposición José Luís Rodríguez, presidente da Asociación Cultural Gaiteiros “Os de Algures”, que fará unha visita guiada na que falará dos tecidos cos que están feitas as diferentes pezas, dos tipos de bordados ou dos complementos utilizados, como son as xoias ou o calzado. 

 

Actividades asociadas

A mostra leva asociados dous obradoiros. Así, para adultos está programado un obradoiro de “Bordado Tradicional” que se impartirá no Centro Cultural os sábados 12 e 19 de decembro, de 11:00h a 13:00 horas. Nesta actividade os participantes traballarán no bordado ó aire con acibeche. Hai límite de prazas.

Os nenos e nenas poderán participar no obradoiro “Viste o teu Cadro” que estará impartido por CreAPPcuentos. Nesta actividade os participantes xogarán cunha aplicación que lle permitirá crear os seus propios cadros con diferentes pezas dos traxes tradicionais galegos. A cita é o luns 21 de decembro en horario de 11,30 a 13 horas. Tamén hai límite de prazas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nos obradoiros deberán inscribirse no departamento de Cultura do Concello da Guarda en horario de mañá os días 9, 10 e 11 de decembro.