O vindeiro xoves 17 de agosto o IEM realizará unha nova xeira polo mar de Panxón. Farase un paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, a costa de Monteferro, as Cíes e os montes do Val Miñor dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar.
A xeira estará guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira e contará con intérpretes en lingua de signos. Prezo da viaxe: 18 € público en xeral / 15 € socios do IEM.
A data límite para confirmar inscrición é o mércores 16 de agosto ás 13:00 horas. Se non se chegara a cubrir 150 pasaxes, a organización podería anular a xeira e reembolsaríase o prezo dos billetes abonados descontada a comisión bancaria por transferencia.