Xoaquín Fernández Leiceaga

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) presenta o cuarto e último faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, este venres ás 20:30 horas, no que intervirá Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG.
Nel tratarase a situación de Galicia respecto de problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais” xa desenvolvidas nos anteriores faladoiros.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas, director do IEM, e moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.