O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 11:00 horas, vaise a levar a cabo unha xornada de plantación de castiñeiros no monte veciñal en man común de Camos.

Será nun rodal de monte por arriba do barrio da Cruz, na zona denominada «As Santistas», entre «As tomada do Merlo» e «A Carballeira».

Dende a comunidade de montes veciñal en man común de Camos recomendase levar roupa e calzada axeitado para a plantación e, se é posible, levar ferramenta manual propia para encher os buratos.

O punto de encontro será nos exteriores do Ceip da Cruz. Haberá froita, auga e choripán de balde.