O vindeiro venres 4 de outubro ás 20:00 horas terá lugar no local do IEM a presentación do libro «Valentín Arias. Non pasou de baleiro polo mundo», de Xulián Maure e Xavier Senín.

Neste acto intervirán os autores, o editor Bieito Ledo e o fillo de Valentín, Xoán Arias. O libro está prologado por Xosé Manuel Beiras e remata cun epílogo dos fillos de Valentín.

Destácase deste mestre e editor o seu traballo inxente no mundo da tradución e da corrección editorial que sobrepasa a máis de 200 títulos en lingua galega.