¡A Plataforma Gondomar Fibra Xa!, creada co obxectivo de reclamar uns servizos de acceso a internet decentes para Gondomar, convoca unha asemblea informativa para este sábado 11 ás 12:00 horas no Parque da Coelleira.

«Dada a situación de bloqueo nos plans subvencionados de despregamento da fibra polo concello precisamos apoio e difusión veciñal para conseguir implicar e movilizar ás institucións públicas responsables, e que estas esixan e acorden solucións coas empresas implicadas. Estamos a falar dunha carencia de suministro básico que é motivo crucial da fenda dixital e, polo tanto, xeneradora de desigualdades en acceso a educación, cultura, traballo e capacidade productiva, entre outras«, sinalan.