Chandebrito 1807 instala cartelería para sinalizar diversos bens culturais da parroquia

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ven de instalar diversa cartelería en madeira e chapa para sinalizar diversos bens culturais da parroquia, tales como os petroglifos e muiños rupestres situados na Chán das Tomadas, as Ventaniñas, na Presa dos Soldados, O Piñeiro, e A Cañoteira, entre outros.

Nas próximas datas tamen está prevista a instalación de placas graníticas en varios lugares, indicadoras de catorce topónimos tradicionais.

Por outra banda, vai insistir en que se recollan no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán todos os bens que inventariou este colectivo, algo que a Xunta de Galicia exixiu en varias ocasións ao Concello de Nigrán, xa que no borrador do citado documento do PXOM non se incluiron máis que unha parte dos mencionados elementos obxecto de protección.

Deste xeito, esta Agrupación, con máis de dez anos de antigüidade, segue apostando pola recuperación, conservación, divulgación e posta en valor de todo o patrimonio cultural de Chandebrito.