La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.
ALFREDO

O vindeiro xoves, 9 de maio, impartirase unha charla para país e nais, organizada polo Concello a través das ANPAS, sobre Violencia de Xénero na adolescencia: pautas para a detección e abordaxe.

Tratarase a educación en valores de igualdade e respecto, con especial incidencia na ciberviolencia, a violencia sexual e as novas tecnoloxías e a Prevención da violencia sexual dixital. Será no Salón de Plenos do Concello, de 19.00 a 21.00 horas.

Esta actividade forma parte das distintas que se están organizando dende o Concello dirixidas á comunidade educativa e con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

No mes de maio tamén continuarán as charlas sobre esta temática co profesorado de todos os ciclos educativos, que xa iniciamos co IES no mes de abril.

A convocatoria fíxose a través das ANPAS, pero se alguén está interesado/a, pode enviar un correo electrónico a igualdade@tomino.gal, simplemente co nome e apelidos. Para o caso de que se supere o aforo, serán organizadas novas convocatorias para aquelas persoas que queden fora desta.