Día Contra la Violencia de Género

Os colectivos Area Loura e Co-mando Ghichas convocan novamente unha concentración na Ramallosa (xunto a capela de San Campio). Será este martes, ás 20:00 horas, polo asasinato no concello da Pastoriza (Lugo) de Manuela a mans do seu home, que posteriormente suicidouse.

Con Manuela son xa 62 as mulleres asasinadas en Galicia a mans das súas parellas ou exparellas dende que comenzaron a contabilizarse oficialmente no ano 2003, datos que esquecen a todas as que o foron por homes cos que non tiñan un vínculo sentimental.

«Con estas concentracións queremos algo maís que visibilizar e condenar os asasinatos machistas e amosar a nosa dor, tamén esixir que se tomen medidas contundentes tanto no eido da educación e a concienciación como na revisión dun sistema de protección ás vítimas claramente ineficaz» .