Concello de Nigrán
RUBENS // Concello de Nigrán

Este venres, dende as 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá o “I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional”, xornada que se enmarca no programa “Un Nigrán para todos”.

Deste xeito, expertos en todos os campos da integración e da accesibilidade analizarán polo miudo, e entre outros aspectos, a aprobación polo Congreso e o Senado o pasado mes de decembro da modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que garantizará o dereito de sufraxio das persoas con discapacidade (na práctica supón que máis de 100.000 persoas en toda España con discapacidade recuperan seu dereito ao voto).

O foro está organizado polo Concello de Nigrán, ACEESCA, San Xerome Emiliani, Fundación Menela, OIRESP, Colexio Juan María e Fundación Tutelar Galega Sálvora.

Nel participarán expertos en dereito, urbanismo, accesibilidade e persoas que poderán en maio de 2019 exercer por primeira vez na súa vida o dereito de sufraxio.