Greenwater

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 24 de agosto, a súa segunda edición de ‘Rock in Patos’ rendendo homenaxe aos 50 anos da celebración do mítico festival de Woodstock con bandas tributo a Jimi Hendrix e Creendence Clearwater.

A explanada do mercadillo de Patos (rúa Cansadoura) coas súas marabillosas vistas á praia de Abra será o escenario elixido para revivir a histórica congregación hippie dende as 19:00 horas a través de Spanish Castle Magic (tributo a Jimi Hendrix, 20:00 horas) e Greenwater (tributo a Creedence Clearwater, 22:00 horas).

Este será ademais un ‘Rock in Patos’ inclusivo grazas ás cinco mochilas vibratorias adquiridas recentemente polo Concello de Nigrán para o uso das persoas xordas, así, os interesados en empregalas deben solicitalas previamente no mail comunicacion@nigran.org (co obxectivo de que poidan experimentalas o maior número de xente posible. O tempo será dividido entre todos os interesados ata un máximo de 15 por concerto).

Paralelamente, o Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller (CIM), instalará un punto violeta coa campaña ‘Nunca sen un si’ de prevención e información sobre as agresión sexuais. ‘Rock in Patos’ volverá novamente a unir ‘Rock&Food’ coa presenza de Chac-Mool, Capitán Filloa e Mean Dogs.