Gerardo Rodríguez , candidato del PSOE a la alcaldía de Oia
Gerardo Rodríguez, candidato del PSOE a la alcaldía de Oia

Os Socialistas de Oia presentan a súa candidatura ás Eleccións Municipais, que terá lugar na Casa da Cultura de Mougás este venres, ás 20:00 horas.

Neste evento intervirán a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, Gerardo Rodríguez e será presentado pola número 2 da candidatura, Elena Álvarez. Igualmente terá lugar a presentación dos dous vídeos de campaña elaborados polos membros da candidatura.

«O 26 de maio vanse celebrar novas eleccións municipais ás que Gerardo Rodríguez se presenta como candidato para a Alcaldía de Oia polo PSdG-PSOE», sinalan desde a formación socialista.

«Estamos a piques de rematar unha lexislatura perdida, caracterizada por unha moción de censura que impediu levar adiante o cambio que o Concello demandaba e imposibilitou afrontar os graves problemas de Oia: saneamento, Talaso, Mosteiro», explican.

«A candidatura que encabeza Gerardo Rodríguez combina experiencia e xuventude, ofrece enerxía, esperanza e ilusión para que, dunha vez por todas, o noso concello saía do estancamento e escurantismo no que nos mantiveron os sucesivos gobernos do PP«, apuntan.

«Oia non pode permitirse perder outros 4 anos nos que a xuventude siga a emigrar pola falta de oportunidades e que continúe o despoboamento do Concello», finalizan dende o PSOE de Oia.