Podemos Nigrán quere agradecer ó Concello o reparto de mascarillas para a veciñanza, non obstante consideran que hai que buscar a forma de facelo «o máis seguro posible para a cidadanía e non dar pasos en falso que nos fagan retroceder».

Para preservar a saúde da cidadanía, tanto das persoas receptoras de mascarillas coma á das que as reparten, cren que sería mellor o envío destas por correo ordinario como os avisos ás persoas maiores dos servizos de axuda do concello durante este estado de alarma.

 «Sería moito mellor evitar posibles aglomeracións que poñan en risco ás persoas voluntarias nas carpas, pensando deste xeito máis na súa protección e menos na propaganda electoralista repartindo casa por casa«, indican.