Concello de Tomiño
CONCELLO // Pleno celebrado en el Concello de Tomiño. Archivo

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, rexeita a implantación do imposto de plusvalía aprobada no pleno do pasado xoves cos votos do BNG. No PP consideran innecesario e fóra de toda lóxica esta imposición “dada a situación actual, dado que este imposto está actualmente acorralado polos xulgados e o Tribunal Constitucional” afirman.

Os populares consideran que “o fin do equipo de goberno é puramente recadatorio, motivado por intención politica, como ben deixou claro a acaldesa na Comisión plenaria do pasado luns; demostrando que non teñen en conta as sentenzas a favor dos contribuíntes que recurren as liquidacións xeradas polos concellos”.

González Miranda explica que “na situación actual na que se cuestiona a inconstitucionalidade ante o Alto Tribunal para que así se determine este imposto de plusvalia vulnera o artigo 34 da Constitución que establece que todos contribuirán o sostenemento dos gastos públicos, esta cuestión plantéaa o xulgado Contencioso-administrativo nº3 de San Sebastián , entre outros, como Vitoria ou Madrid”.

O voceiro popular considera que este imposto “xera polémica porque se está aplicando con independencia de se existe ou non un beneficio”.

Na época do boom inmobiliario, cando a inmensa maioría das ventas xeraban plusvalías, isto non supoñía problema. Pero agora moitos dos contribuíntes que venden un inmoble fano por un prezo inferior o que compraron”, explica Esteban González.

Nesta liña, o voceiro popular considera un erro do Goberno Local non esperar a que o Constitucional se posicione sobre este imposto tendo en conta que cada vez hai máis sentenzas que anulan estas liquidacións. O imposto de plusvalia na teoria tiña que gravar o suposto incremento do valor experimentado polos terreos de natureza urbana no momento dunha venta ou cambio de propiedade. Pero, segundo González, “a realidade deste imposto é moi distinta, porque se está aplicando con independencia de si esiste ou non un beneficio; afectando a obtención de valor experimentado por terreos urbanos que se poñen de manifesto no momento que se transmite por calquera título (venta, herencia, donación..) a sua propiedade ou calquera dereito real sobre o mesmo”. Na actualidade, afirma o voceiro popular, “tamén afecta aos negocios, que en moitos casos a pesar de que teñan que cerrar e rematar a súa actividade, teñen a abriga de pagar este imposto”.

Por iso recalcamos que non é o momento de implantar este imposto, e moito menos dando como argumento de que Tomiño é o único concello da comarca que non o ten”, recalca González Miranda.